ESPECTÁCULO

A Praza do Obradoiro convértese nun espazo escultórico de xeo

09/09/2006 Santiago foi o lugar escollido para presentar por primeira vez en España os Fear No Ice. Os americanos Scott Rella, Kevin Roscoe e Meter Slavin, recoñecidos como os mellores escultores en xeo do mundo, conseguirán crear na Praza do Obradoiro unha ampla gama de traballos artísticos en xeo. A cita é o domingo 10 de setembro.

O espectáculo, cuxo horario estimado é de 17:00 a 22:00 horas, consistirá na creación de dúas figuras representativas da arte e da historia da cidade, que permanecerán expostas ata o final do evento nun escenario, para que os asistentes poidan fotografarse con tan singulares obras. Los Fear No Ice completarán a súa actuación co espectáculo "Souvenirs on Ice", no cal, a través dunha auténtica performance, regalaranse ao público diferentes obxectos simbólicos esculpidos ao momento. Toda a actuación irá acompañada dunha actuación musical a cargo dun Dj.

Os escultores traballan calquera peza en vivo a calquera hora do día, captando a atención e a participación do público a través dunha grande espectacularidade visual. As súas ferramentas de traballo van dende a serra mecánica ata o fino cincel. O tipo de xeo utilizado para estas esculturas só pode atoparse en países cómo Finlandia ou Bélxica, pois posúe unhas características de transparencia especiais e necesarias para o desenvolvemento das obras.

Entre os eventos nos que teñen participado destacan algúns como a inauguración da Opera de Sydney, onde realizaron unha réplica en xeo de gran tamaño do famoso edificio.

Compartir: