MOBILIDADE

As primeiras restricións de tráfico na rotonda de Conxo comezarán na semana do 19 de xaneiro

09/01/2015 A empresa adxudicataria da obra trasladou ao Concello que o vindeiro luns, día 12, comezan as obras do túnel coa sinalización vertical e outras actuacións preparatorias que non afectan á plataforma viaria,

A empresa adxudicataria da obra do túnel de Conxo ven de notificar ao Concello que a partir do vindeiro luns, día 12 de xaneiro, comezan as obras coa sinalización vertical e outras actuacións preparatorias que se levarán a cabo fora da plataforma de circulación.

Deste xeito, as restricións de tráfico e as correspondentes indicacións e recomendacións de mobilidade previstas serán efectivas a partires da semana do 19 de xaneiro, e serán anunciadas coa suficiente antelación.

Como xa se informou no seu día dende o Concello, as alteracións previstas serán acometidas por fases pero en todo momento existirán como mínimo carrís bidireccionais que asegurarán o tráfico en ambos sentidos. De tódolos cambios se informará a cidadanía con tempo suficiente para evitar afectacións innecesarias e axilizar o máximo o tráfico.

A obra comeza este luns coa sinalización vertical e outras actuacións preparatorias que permiten manter a circulación actual durante toda a vindeira semana. A partires da semana seguinte (semana do 19 de xaneiro) comezará a aplicarse a primeira fase do Plan de Mobilidade que se estenderá ata principios de marzo.

Compartir: