ALCALDÍA

Concentración en repulsa polo atentado contra o semanario Charlie Hebdo

08/01/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e membros da Corporación municipal gardaron un minuto de silencio en sinal de condea polo ataque perpetrado no día de onte, mércores 7 de xaneiro, en París.

O Concello de Santiago sumouse ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias e gardou un minuto de silencio na Praza do Obradoiro en sinal de repulsa polo atentado que tivo lugar na capital francesa e que costou a vida a doce persoas na sede do semanario Charlie Hebdo.

Compartir: