MEDIO AMBIENTE

O CIAC continúa co ciclo "Biodiversidade na cidade" esta fin de semana cun relatorio sobre morcegos urbanos

07/01/2015 Roberto Hermida, membro da asociación Drosera, impartirá un relatorio para contarnos curiosidades sobre eses animaliños que viven tan perto de nós e dos que sabemos tan pouco. A charla leva por nome "Morcegos urbanos: uns sorpredentes veciños".

Dentro da programación de relatorios sobre "Biodiversidade na cidade" que se organiza no CIAC ata febreiro de 2015, contamos este sábado 10 de xaneiro ás 17 horas, coa intervención de Roberto Hermida, doutor en bioloxía e membro da asociación Drosera, que compartirá con nós os seus coñecementos e experiencias sobre morcegos urbanos.
Son todos os morcegos iguais? Cantas especies de morcegos podemos atopar nas cidades? Onde viven? Gústalles o allo?...

O relatorio, titulado: "Morcegos urbanos: uns sorprendentes veciños" ten por obxectivo divulgar o coñecemento sobre este grupo animal tan fascinante e diverso, á par que descoñecido aínda cando viven moi perto de nós. Prentendemos con esta charla achegarnos a eles e favorecer que, ao ilos coñecendo, vaina desaparecendo o medo e a desconfianza que nos transmiten.

Dentro do ciclo "Biodiversidade na cidade" contamos tamén coa presenza da exposición didáctica "Galicia Biodiversidade" que estará nas instalacións do CIAC ata o 1 de febreiro e que se pode visitar en horario de apertura de maneira gratuíta.

Lembrade que todas as actividades son de balde, máis dado que o aforo para os relatorios é limitado terán preferencia as persoas inscritas. Podedes inscribirvos nesta ligazón: http://goo.gl/I50UcT ou chamando ao teléfono 981543145
Toda a programación detallada e máis as novidades podedes atopalas na web do CIAC: http://goo.gl/VM2q47 e máis no evento específico que creamos no noso Facebook: https://www.facebook.com/events/828801267153899/

Compartir: