ALCALDÍA

SabadellGallego entrega o premio de 3.000 euros da campaña Cremos en Santiago

23/12/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañou aos representantes de SabadellGAllego na entrega do premio, que tivo lugar no Salón Vermello da Casa do Concello.

A campaña, que conta co apoio do concello de Santiago, promocionou a imaxe da cidade para animar aos cidadáns a realizar as compras en comercios de proximidade. O obxectivo foi o apoio ao comercio da cidade coa mensaxe: 'Crer nos comercios de Santiago é crer en Santiago´. Ademais, o banco distribuíu 7.500 bolsas ecolóxicas cun deseño exclusivo de Javier Mariscal.

SabadellGallego fixo entrega hoxe martes no Concello de Santiago dun cheque de 3.000 euros a María Dopico Rodríguez correspondente ao sorteo realizado entre os clientes no marco da campaña `Cremos en Santiago´ para impulsar o comercio de proximidade, en colaboración co Concello desta cidade.

A gañadora do cheque, María Dopico Rodríguez terá que gastar os 3.000 euros do premio nos establecementos comerciais de Santiago.

Recibiu o cheque de mans do alcalde de Santiago, Agustín Hernández e Juan Moríñigo, director Rexional de SabadellGallego. Ao acto asistiu ademais Mª José Soto, delegada comercial da zona de Santiago.

Compartir: