CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas citas esta semana para que cidadáns e visitantes preparen a decoración da Árbore das Ilusións

15/12/2014 O Concello de Santiago promove neste Nadal a iniciativa "A árbore das ilusións", que busca decorar entre todos e para todos a árbore de Nadal situado xa na praza Roxa.

Peza por peza, quérese representar as ilusións e desexos dos veciños de Santiago, partindo da idea de que en moitas culturas a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.

Todos aqueles que queiran colaborar con creacións propias -tanto de xeito individual como a través de asociacións ou colectivos diversos- poden facelo e deixar as súas aportacións no centro sociocultural máis próximo ou achegarse á propia Praza Roxa os días 20, 21 e 22 de decembro, datas nas que se levará a cabo a decoración da árbore nos seguintes horarios: sábado de 16 a 18h, domingo e luns de 12 a 14h e de 16 a 18h.

Os obradoiros previstos para esta semana celébranse nos seguintes puntos da cidade: o martes 16 de decembro de 18.30h a 20h e o sábado 20 de 12h a 13.30h no Csc O Ensanche; o mércores 17 no Csc das Fontiñas; e o xoves 18 de decembro no Csc Conxo de 18.30 a 20h.

O refugallo é a base a partir da cal xurdirá unha proposta creativa. Nos obradoiros empregarase material reciclado e elementos naturais de uso cotiá e resistentes á intemperie como CDs, plásticos, corda, la, tea, goma-eva, feltro, lazos, madeira, piña, etc. A participación nestes obradoiros é de balde e aberta a todas as idades. Están conducidos por Abrollarela Talleres Creativos.

Continúan tamén as visitas dos paxes aos centros socioculturais e moitas outras actividades que se poden ver no documento adxunto.

Compartir: