XUNTA DE GOBERNO

Comenzan a principios de ano as obras da explanada para o campo da festa e pista polideportiva, e o parque público e parque infantil de Angrois.

12/12/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, informou hoxe en Xunta de Goberno da adxudicación das obras para a creación do campo da festa e pista polideportiva en Angrois e para o acondicionamento dunha zona de descanso para peregrinos, parque público e parque infantil tamén nesta parroquia compostelán. As obras comezarían a principios do vindeiro ano.

Trátase de dous proxectos comprometidos para esta parroquia. Canto o primeiro deles, o referido ao campo da festa e a pista polideportiva, as obras foron adxudicadas á empresa Transportes y Excavaciones Arines S.L. por un importe de 84.380 euros, ao ser a oferta máis vantaxosa das presentadas.

O proxecto, que ten un prazo de execución de 3 meses, contempla a construción dunha explanada de preto de 1.300 metros cadrados para a utilización conxunta como campo da festa e pista polideportiva, permitindo a instalación de grandes orquestas ou espectáculos.

No caso da pista polideportiva a superficie realizarase mediante un pavimemento de solera pulido e o resto da extensión será de terra consolidada con cemento.

O proxecto desenvólvese en dous niveis. No nivel da rúa de acceso, desde o camiño da Ruta da Plata, sepárase cun muro da plataforma do campo de festa, suavizando o desnivel coa execución dunha gradas de formigón que apoiarán o uso, tanto da pista deportiva como do campo da festa.

O deseño da plataforma onde se construirá o campo da festa e a pista polideportiva está pensado para que teña un mantemento mínimo e, en caso de reparacións, que sexan do menor custe posible.

Dada a inclinación do terreo, construiranse uns muro de contención cunha altura importante cercana aos 5 metros. Tamén se instalará un sistema de iluminación mediante dúas columnas e 10 focos orientables que darán luz ao entorno.

Zona de descanso para peregrinos, parque público e parque infantil

Sobre as obras contempladas no segundo proxecto, zona de descanso para peregrinos, parque público e parque infantil de Angrois, a adxudicación correspondeulle á empresa CYS HISPANIA S.L. por un importe de 63.577 euros, que resultou ser a oferta máis vantaxosa das presentadas.

Estas actuacións, que se executan sobre unha superficie próxima aos 600 m2, terán unha duración de 3 meses.

Como xa se ten informado, este proxecto que se sitúa nas inmediacións do proxecto do campo da festa e pista deportiva, pretende crear un parque infantil con equipamento lúdico como balancín, columpio, caseta de xogos, etc, e acondicionar o contorno da parcela para o seu disfrute público.

O parque contará ademáis con equipamentos biosaudables e zona de merendeiro, así como cos elementos propios dun parque, bancos, mesas e unha fonte que serán construídos con elementos decorativos en cantería pola Escola de Canteiros, pertencente a Deputación de Pontevedra.

Tamén se instalará unha escaleira de acceso á plataforma de nivel superior dentro da propia parcela.

Terceira actuación: proxecto do almacén para a Asociación de Vecinos

En rolda de prensa, o alcalde informou tamén que canto a terceira actuación pendente das comprometidas en Angrois, a referida ao proxecto do almacén para a Asociación de Veciños, cun orzamento estimado de 50.685 euros, continúa pendente de aprobación á espera de que o ADIF tramite a modificación dunha aliñación no terreo previsto para a súa construción.

Compartir: