CENTROS SOCIOCULTURAIS

Oferta diversa de actividades nos centros socioculturais para esta fin de semana

11/12/2014 Os centros socioculturais acollen estes próximos días unha intensa actividade preparatoria para o Nadal, con obradoiros, un mercado de troco e as primeiras visitas dos paxes reais.

Continúan os obradoiros para preparar os agasallos viaxeiros que os rapaces dos centros se intercambiarán durante o Nadal. O venres 12 realizaranse nos centros socioculturais de Figueiras, Santa Marta, Conxo, A Trisca e Vite, a partir das 18:00 horas.

O sábado 13, de 11:00 a 14:00 horas, na praza de Aurelio Aguirre, o Centro Sociocultural de Conxo organiza un ano máis o mercado de troco do xogo e do xoguete, no que os participantes inscritos poderán intercambian xogos en bo estado, exponer os xoguetes e dispor dun pequeno espazo para montar o seu posto.

Todos aqueles interesados deben inscribirse no Centro Sociocultural de Conxo nestes días previos, ou ben achegarse o sábado para participar no troco.

Paxes reais e visita aos beléns
O domingo 14 de decembro comezan as visitas dos paxes reais aos centros socioculturais para recoller as cartas e saudar os máis cativos. Esta primeira visita será no Local Sociocultural de Aríns a partir das 18:00 horas.

Esta mesma xornada de domingo realizarse a última das excursións programadas este ano polos centros socioculturais, "Galicia no Nadal", na que os 55 participantes inscritos se achegarán aos belens das localidades de Betanzos, Ferrol e A Coruña.

Documentos relacionados



Compartir: