CULTURA

Bunbury actúa este xoves en Compostela nunha data exclusiva tras anunciar a súa despedida temporal dos escenarios

10/12/2014 Tras o seu paso pola Península no mes de xuño e as cancelacións de varios concertos polo desprendemento de retina do guitarrista de Los Santos Inocentes (Jordi Mena), Bunbury ofrece unha serie de concertos baixo o título de ‘Últimos concertos na Terra’, xa que anunciou a súa despedida temporal dos escenarios. Entre eles e nunha data exclusiva en Galicia chegae este xoves a Compostela, dentro do ciclo Compostela Rock. Será ás 21:00 horas no Palacio de Congresos e as entradas, a 28,80 € + gastos, están á venda na Rede Ticketmaster, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e no despacho de billetes do Teatro Principal.

Bunbury publicou o seu novo álbum, Palosanto, o 29 de outubro de 2013, que chega dous anos despois do seu último disco (Licenciado Cantinas), producido polo propio Bunbury coa axuda de Ramón Gacías. Dividido en dúas partes, Palosanto inclúe as seguintes cancións: "Despierta", "Más alto que nosotros sólo el cielo", "Salvavidas", "Los inmortales", "Prisioneros", "Habrá una guerra en las calles", "Destrucción masiva", "El cambio y la celebración", "Hijo de Cortés", "Mar de dudas", "Miento cuando digo que lo siento", "Nostalgias imperiales", "Plano secuencia", "Causalidades" e "Todo".

Compartir: