CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan os obradoiros para preparar os adornos da Árbore das Ilusións

09/12/2014 O Concello de Santiago promove neste Nadal a iniciativa A árbore das ilusións. Trátase de decorar entre todos a árbore de Nadal que se situará na praza Roxa. Peza por peza, búscase representar as ilusións e desexos dos veciños de Santiago, partindo da idea de que, en moitas culturas, a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.

Todos aqueles que queiran colaborar con creacións propias -tanto de xeito individual como a través de asociacións ou colectivos diversos- poden facelo e deixar as súas aportacións no centro sociocultural máis próximo ou achegarse á propia praza Roxa os días 20, 21 e 22 de decembro, datas nas que se levará a cabo a decoración da árbore.

Durante este mes de decembro están a realizarse obradoiros de decoración desta Árbore das ilusións en diferentes puntos da cidade. Esta semana vez para o CSC de Santa Marta, este mesmo martes 9 de 18:00 a 19:30 horas. O mércores 10, o obradoiro será no CSC de Vite, de 19:00 a 20:30 horas.

Tamén haberá talleres na fin de semana, pero neste caso en Área Central (sábado 13, de 18:00 a 20:00 horas) e no Centro Comercial as Cancelas (domingo 14, de 12:00 a 14:00 horas).

Materiais reciclables
A participación nestes obradoiros é de balde e aberta a todas as idades. Están conducidos por Abrollarela Espazo Creativo.

O refugallo é a base a partir da cal xorden as propostas creativas. Nos obradoiros emprégase material reciclado e elementos naturais de uso cotiá e resistentes á intemperie como CDs, plásticos, corda, la, tea, goma-eva, feltro, lazos, madeira, piñas…

Compartir: