TURISMO

Área Santiago inicia os traballos para crear un produto turístico en torno á pesca fluvial

03/12/2014 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou na inauguración da xornada formativa sobre a creación do produto turístico de pesca fluvial. Este encontro, celebrado no edificio Cersia, é a primeira dunha serie de accións xa planificadas para promover o potencial fluvial e pesqueiro dos concellos de Área Santiago. Asistiron tamén a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita.

A xornada contou coa asistencia de concelleiros e técnicos dos concellos de Área Santiago e de representantes de casas turismo rural destes municipios, interesados en traballar en torno a este produto turístico da pesca fluvial. Ademais dun programa formativo, no encontro realizouse unha mesa redonda na que se abordaron cuestións como a análise da demanda e da oferta de servizos turísticos en torno ao río, así como os requisitos legais para a implantación desta produto ou a adhesión ao mesmo das casas de turismo rural.

Compartir: