ALCALDÍA

O alcalde de Santiago recibe aos representantes rexionais de El Corte Inglés

04/09/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos representantes rexionais de El Corte Inglés. O encontro serviu para despedir ao director rexional saínte, Ángel Vaca Cabrera, e para darlle a benvida ao novo, Ricardo Cabrera de la Cruz. Na reunión tamén participaron o director de Hipercor en Santiago, Manuel Guitián, e o xefe de relacións públicas do mesmo, José Manuel Blanco.

Sánchez Bugallo agradeceulle a Ángel Vaca a frutífera colaboración da entidade co Concello nestes anos e deulle a benvida ao seu sucesor, que manifestou a súa intención de continuar e incrementar esta colaboración

Compartir: