SEGURIDADE E MOBILIDADE

Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela fórmanse para a condución de vehículos en servizo urxente

25/11/2014 Nove voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Santiago comezaron as clases teóricas nunha autoescola compostelá para poder obter o carné BTP. Esta permiso facultaraos para conducir vehículos prioritarios en servicio urxente (ambulancias e vehículos de Policía, Protección Civil e Bombeiros), taxis, vehículos destinados a transporte escolar cando leven escolares, e vehículos destinados a transporte público de viaxeiros que non superen os 3.500 quilos de masa máxima autorizada e con nove asentos como máximo, incluído o condutor.

Estes nove voluntarios teñen mais dun ano de antigüidade no permiso da clase B, e só precisan facer un exame teórico para obter o novo permiso. O exame está previsto para o 4 de decembro.

Estas clases son subvencionadas polo Concello grazas a unha partida orzamentaria de formación para os voluntarios, como contrapartida a todos os operativos que desempeñan ao longo do ano.

Compartir: