CONSORCIO
A fotógrafa convídanos a observar e intentar intuír se algunha das persoas retratadas no proxecto ten sido algunha vez vítima deste tipo de violencia. Incítanos a interpretar e a concienciármonos de non xulgar máis ás vítimas, xa que "se a vítima non é claramente recoñecible, pasa a non estar estigmatizada, a ser unha máis. É así como pode romper e compartir o seu silencio", manifesta.
Para a realización destas imaxes, xunto coa colaboración especial da actriz Camila Bossa, unha vintena de persoas prestáronse a seren "obxectivadas" co fin de "denunciar unha situación máis habitual do que moitas veces desexariamos e máis próxima do que moitas veces supoñemos", sinala Calvo. O vídeo acompáñase dunha voz en off cun texto do director teatral Peter Brook, posto que, tal como indica a promotora desta iniciativa, "a montaxe ten moita relación co teatro".
Como clausura deste acto, ao redor das 19:30 horas, a cantante compostelá de orixe palestina Najla Shami ofrecerá un pequeno concerto, no que, entre outros temas, interpretará varios poemas de Rosalía de Castro.
Proxección dun vídeo na cristaleira do Museo das Peregrinacións con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
24/11/2014 O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase este martes, 25 de novembro. Con motivo desta data, o Consorcio de Santiago cede as instalacións do Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na praza das Praterías, para a realización dun acto simbólico. Na cristaleira da fachada do edificio mostraranse unhas fotografías e proxectarase un vídeo para sensibilizar sobre este problema social. Será no horario habitual do museo, durante a mañá de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.
Cicatrices. Realidades maquilladas é un proxecto da fotógrafa compostelá Ainoa Calvo. Tal como ela mesma explica, esta iniciativa "fala do camiño que deben seguir as vítimas da violencia para a recuperación da súa autonomía e integridade. De como o contorno xoga un papel esencial, creando unha rede importantísima durante este proceso e de como é posible axudar a romper o triángulo de violencia cun pouco de escoita activa. Porque todos seremos vítimas dalgún tipo de violencia ao longo das nosas vidas e millóns de persoas nunca chegarán a recoñecer nin a denunciar a situación na que viven".A fotógrafa convídanos a observar e intentar intuír se algunha das persoas retratadas no proxecto ten sido algunha vez vítima deste tipo de violencia. Incítanos a interpretar e a concienciármonos de non xulgar máis ás vítimas, xa que "se a vítima non é claramente recoñecible, pasa a non estar estigmatizada, a ser unha máis. É así como pode romper e compartir o seu silencio", manifesta.