LIMPEZA
A pesar da situación que se estaba a vivir, a limpeza da cidade non se descuidou en ningún punto mentres estivo en funcionamento o operativo anti-incendios. Na Zona Vella, unha máquina de auga a presión, unha fregadora, 12 barrendeiros de luns a sábado, e 4 os domingos e festivos, encargáronse de que o centro do Casco Histórico se mantivese limpo en todo momento, tendo en conta que os medios eran menos que noutras ocasións e que era agosto, un dos meses por excelencia do turismo no que Santiago recibe milleiros de visitantes, o que fai que se atope máis lixo do habitual de xeito momentáneo polas rúas. Co dispositivo de limpeza do Concello, o Casco Histórico está atendido arredor de 20 horas ao día.
A partir do martes 5 as cisternas volverán ao seu traballo habitual, dado que finaliza o operativo especial anti-incendios. A Concellaría de Medio Ambiente quere deixar claro que en ningún momento se desatendeu a limpeza da cidade e fai fincapé en que os medios destinados a este labor non se viron reducidos con respecto ao ano pasado.
O servizo de limpeza do Concello, a pleno rendemento
04/09/2006 A situación de emerxencia que viviu a cidade de Santiago durante a vaga de incendios do pasado mes de agosto fixo que o Concello decidise poñer a disposición do operativo especial de extinción dos lumes as 2 cisternas da empresa Urbaser que habitualmente se destinan á limpeza das rúas da cidade. Sen embargo, non se descoidou a limpeza de ningunha das zonas do Concello, segundo salientou a Concellaría de Medio Ambiente, e menos a do Casco Histórico, área á que se lle presta especial atención por contar cunha presenza masiva de turistas nos meses de verán.
Durante o tempo que se mantivo activo o dispositivo de emerxencia, as 2 cisternas de Urbaser traballaron arreo para sufocar os lumes que entre o 4 e o 14 de agosto, nun primeiro embate, e a fin de semana pasada, nunha segunda vaga, asolaron os montes do Concello compostelán. A extraordinariedade da situación que se viviu dentro do termo municipal, onde se declarou unha media de 7 lumes cada xornada nos momentos de maior intensidade, provocou que se destinasen tódolos medios posibles ás labores de extinción dos incendios e por iso se tomou a decisión de utilizar os dous camións cisterna, de 8.000 litros de capacidade, para abastecer de auga os bombeiros que traballaban en primeira liña de lume.A pesar da situación que se estaba a vivir, a limpeza da cidade non se descuidou en ningún punto mentres estivo en funcionamento o operativo anti-incendios. Na Zona Vella, unha máquina de auga a presión, unha fregadora, 12 barrendeiros de luns a sábado, e 4 os domingos e festivos, encargáronse de que o centro do Casco Histórico se mantivese limpo en todo momento, tendo en conta que os medios eran menos que noutras ocasións e que era agosto, un dos meses por excelencia do turismo no que Santiago recibe milleiros de visitantes, o que fai que se atope máis lixo do habitual de xeito momentáneo polas rúas. Co dispositivo de limpeza do Concello, o Casco Histórico está atendido arredor de 20 horas ao día.
A partir do martes 5 as cisternas volverán ao seu traballo habitual, dado que finaliza o operativo especial anti-incendios. A Concellaría de Medio Ambiente quere deixar claro que en ningún momento se desatendeu a limpeza da cidade e fai fincapé en que os medios destinados a este labor non se viron reducidos con respecto ao ano pasado.