CENTROS SOCIOCULTURAIS
A entrada será libre ata completar a capacidade da Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta. As portas abriranse 15 minutos antes do inicio do concerto.
Concerto da Banda Municipal cun programa de músicas do cine español
21/11/2014 Segunda cita con Cine Classics Música, actividade paralela do programa Compostela Cine Classics. Este domingo 23 de novembro, ás 12:30 horas, a Banda Municipal de Música ofrecerá o concerto didáctico Músicas do cine español no Centro Sociocultural de Santa Marta.
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, ofrecerá un concerto familiar sobre bandas sonoras do español, acompañado da proxección e imaxes dos filmes. Presentará a sesión Paula Carballeira.A entrada será libre ata completar a capacidade da Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta. As portas abriranse 15 minutos antes do inicio do concerto.