PLENO

O Pleno extraordinario no que o Concello solicitará un crédito de 600.000 euros celebrarase o venres 8

04/09/2006 O venres día 8 de setembro ás 13.30 horas terá lugar un pleno extraordinario no que o Concello solicitará un crédito de, aproximadamente, 600.000 euros para facer fronte aos gastos ocasionados polos incendios do pasado mes de agosto, segundo decidiu hoxe a Xunta de Goberno local.

No pleno extraordinario solicitarase un crédito de arredor de 600.000 euros. Desta contía, 200.000 euros destinaranse a cubrir as horas extraordinarias do persoal que interviu nas labores de extinción dos lumes, mentres que os restantes terán como obxectivo afrontar os gastos que están a ocasionar as actividades de repoboación e reforestación das zonas afectadas. O Concello está a elaborar varios informes que lle servirán para determinar as áreas sobre as que se debe actuar de maneira máis urxente. Este labor de recuperación da cuberta vexetal e de repoboación levarase a cabo de xeito consensuado coa Xunta e contarase, así mesmo, coa colaboración dos veciños.

Ademais, os intensos traballos de extinción dos lumes provocaron importantes danos en dous vehículos todoterreo do Servizo de Bombeiros que deberán ser reemprazados. Isto suporá un desembolso de 300.000 euros que se levará a cabo en vindeiras datas. En total, os gastos ocasionados pola vaga de incendios ascende a 900.000 euros.

Compartir: