CURTOCIRCUÍTO

Preto de 300 persoas asistiron en Bonaval á proxección das mellores curtas españolas de ficción

01/09/2006 Arredor de 300 persoas estiveron no parque de Bonaval para contemplar o mellor do panorama español de ficción cegado a CurtoCircuíto, precedido pola música de Blue Mouse. A media noite, por causa da xeada e das nubes baixas, Bonaval iluminouse cunha luz estraña, que fixo que o público gozase doutro xeito do que estaba a saír na pantalla.

O público da que foi a sétima proxección de cinema en curto na rúa, deu notas moi altas ás curtas que se proxectaron, e, se cadra, algunha delas pode ser a gañadora do Premio de Público, valorado en 1.500 euros, mailo trofeo de CurtoCircuíto. Mais isto saberase cando terminen as proxeccións, o último xoves deste mes.

A música púxoa Blue Mouse, dj coñecido nos pubs composteláns, que deu fixo repaso polas músicas clásicas e actuais, improvisando e mesturando, como adoita, ritmos e estilos.

Compartir: