CINEUROPA

Bárbara Lennie recibiu o Premio Cineuropa

16/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, entregou no Teatro Principal o Premio Cineuropa á actriz Bárbara Lennie. A continuación proxectouse o filme Magical Girl, protagonizado pola galardoada.

Bárbara Lennie, a definida por algúns como musa do cine indie español, presente nos últimos meses en Stella Cadente e en El Niño, vén de obter un triunfo maiúsculo en San Sebastián coa Concha de Ouro para Magical Girl. Igual que o pasado ano sucedeu con Marian Álvarez, protagonista de La herida, esta presenza en Cineuropa podería ser o anticipo do seu Goya por Magical Girl, filme no que Barbara Lennie comparte memorable cartel con Pepe Sacristán, Premio Cineuropa de 2012.

Despois de Bárbara Lennie, recibirán o Premio Cineuropa o director Nils Malmros e o produtor Paulo Branco.

Compartir: