DEPORTES

A Granxa do Xesto acolleu o XIV Trofeo Cidade de Santiago de Ciclocross

16/11/2014 A concelleira de Deportes, María Corral, entregou os premios do XIV Trofeo Ciclocross Cidade de Santiago, celebrado na Granxa do Xesto. A proba estivo organizada polo Club Ciclista Muebles Compostela, co patrocinio do Concello de Santiago.

Os corredores, segundo as categorías, percorreron un circuíto de 2,8 quilómetros cunha dificultade media-alta, incrementada máis aínda polo clima da xornada. Repartíronse 33 trofeos entre as 11 categorías a competición: elite, sub-23, master 30, 40, 50 e 60, júnior, cadete, féminas e sénior.

Compartir: