ALCALDÍA

O Campionato Nacional de Dardos reúne máis de 2.500 xogadores en Santiago

15/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiron ao Campionato Nacional de Dardos, que se celebra entre o 13 e o 16 de novembro no Recinto Feiral de Amio.

Máis de 2.500 xogadores participan neste Campionato de España, que se disputa en dúas modalidades distintas: na de cricket, que celebra a súa XXI edición, e na de Copa KO, que acolle a súa XVI edición. No campionato compiten persoas de toda España, pero tamén de Portugal, país convidado.

Santiago será a sede da competición durante os próximos catro anos, de tal xeito que a cidade se converterá no destino de referencia para os 56.000 xogadores federados que na actualidade hai en España.

Compartir: