COMERCIO

O Mercado da Quintana abre o prazo de inscrición para artesáns, comerciantes, produtores e restauradores

14/11/2014 O Concello de Santiago de Compostela e Turismo de Galicia organizan a 1ª edición do Mercado da Quintana, no que poderán participar, exhibindo e vendendo os seus produtos, pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal, artesáns, produtores, comerciantes e restauradores. Participar no Mercado da Quintana será de balde para expositores e visitantes, aínda que os comerciantes, artesáns, produtores e restauradores que queiran exhibir e vender as súas pezas e produtos deberán preinscribirse con antelación para solicitar a súa participación.

Para a súa convocatoria establécense cinco bloques de cinco xornadas para os que os potenciais expositores poderán presentar a súa candidatura desglosando os produtos, pezas e coleccións que pretenden achegar ao mercado.

Como tipoloxías preferentes ou prioritarias destácanse os produtos, pezas e coleccións de decoración de Nadal, repostaría e doces de Nadal, froitos secos e escarchados, obxectos de menaxe para as festas e outros produtos desta época como esencias, incensos e produtos de aromaterapia, xabóns, instrumentos musicais, xoguetes de elaboración artesanal, caixas de música, licores, viños, escumosos, cotillóns, etc.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o venres 14 de novembro ata o mércores 3 de decembro, e os artesáns, produtores, comerciantes e restauradores que desexen participar poderán cubrir e enviar o formulario online de preinscrición que atoparán nesta web.

Os potenciais expositores poderán solicitar toda a información que precisen para valorar a súa participación no evento no correo comercio@santiagodecompostela.gal ou nos teléfonos 649 610 692/ 606 955 797.

Documentos relacionados



Compartir: