CULTURA

Concerto especial da Banda Municipal de Música con Abe Rábade

14/11/2014 O concerto do domingo 16 representa un reto para a Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero, e unha oportunidade única de gozar dun programa extraordinario. Será ás 12:00 horas, no Teatro Principal, e a formación interpretará Rhapsody in Blue, de G. Gershwin, e a Sinfonía do Novo Mundo, de A. Dvorak.

Para a primeira obra, a Banda estará acompañada dun solista convidado, o pianista compostelán Abe Rábade, especialista en jazz e cunha exitosa carreira internacional.

Documentos relacionados



Compartir: