CULTURA
A programación do Salón Teatro comeza cos pases únicos de 15 días en la playa ás 16:00 h e de The land between ás 17:30 h, ambas dentro do ciclo Disidencias. Continua co pase único de Heart of darkness; a filmmaker´s apocalypse, de Novo Hollywood, ás 19:00 h. Ás 20:45 h poderemos ver por primeira vez no festival What we did on our holidays, que vén de acadar o premio do público no festival de Valladolid e, ás 22:30 horas, teremos un novo pase de Phoenix, da Sección Oficial. Pecha a xornada do Salón Teatro o pase único de The Gambler, da sección Novo Hollywood.
As proxeccións deste venres, 20 en total, complétanse con cinco filmes da sección Ao outro lado do muro: o cine na RDA no Centro Galego Contemporáneo e tres filmes de Cando tiburón devorou o cine: ascenso e caída do Novo Hollywood e un de Tributo ao último Resnais no Centro Cultural Afundación.
Arizona Baby no Cineuropa Concerto
E dentro de Cineuropa Concerto, ademais do concerto da Real Filharmonía de Galicia, oportunidade para escoitar a Arizona Baby. Será ás 21:30 h na Sala Capitol, nun evento enmarcado tamén no ciclo Compostela Rock.
Tras ter convulsionado o panorama co seu orixinal formato, imaxe e actitude grazas ao seu celebrado Second To None, Arizona Baby volve ao grande. Atrás queda –só aparcado uns meses– o impacto total de Corizonas e un exquisito intermedio, o seu mini álbum The Truth,The Whole Truth and Nothing But The Truth (2012).
O seu regreso triunfal do trío arrinca coa edición dun EP homenaxe ás cancións de traballo americanas, It Is Called Work (Chámase traballo), incluíndo a primeira incursión do grupo en castelán coa demoledora "16 toneladas", anticipada nos seus últimos directos ou no seu paso polo televisivo Un Lugar Llamado Mundo.
Estrea de "Las altas presiones", de Ángel Santos, na xornada do venres 15 en Cineuropa
13/11/2014 A xornada do venres 15 tráenos unha cita musical clave xa no programa de Cineuropa. Trátase do concerto que cada ano dedica a Real Filharmonía de Galicia ao festival e que nesta ocasión poñerá a música á proxección de A quimera do ouro, de Charles Chaplin. Será ás 21.00h no Auditorio de Galicia nun concerto dirixido por Paul Daniel e previamente, ás 20:30 horas, haberá un coloquio co director de Cineuropa, José Luis Losa. Pero nesta xornada hai outras citas especiais, entre as que destaca a presentación na sección oficial do festival de Las altas presiones, de Ángel Santos. Será ás 20:00 horas no Teatro Principal e Santos estará na proxección para manter un debate co público asistente.
A programación do Teatro Principal ofrece tamén os pases únicos de Scarecrow, dentro do ciclo do Novo Hollywood, ás 16:30 h, e de El arca de Noé, dentro de Panorama Audiovisual Galego, ás 22:15 h, coa presentación e posterior debate co seu director, Adán Aliaga, e os seus produtores, Luisa Romero e Sergio Frade. Ademais poderemos ver un novo pase de Una noche sin luna, do Panorama Internacional, ás 18:30 h, e o primeiro pase de What we do in the shadows, da sección Fantastique Compostela, xa na madrugada cara ao sábado, ás 00:15 h.A programación do Salón Teatro comeza cos pases únicos de 15 días en la playa ás 16:00 h e de The land between ás 17:30 h, ambas dentro do ciclo Disidencias. Continua co pase único de Heart of darkness; a filmmaker´s apocalypse, de Novo Hollywood, ás 19:00 h. Ás 20:45 h poderemos ver por primeira vez no festival What we did on our holidays, que vén de acadar o premio do público no festival de Valladolid e, ás 22:30 horas, teremos un novo pase de Phoenix, da Sección Oficial. Pecha a xornada do Salón Teatro o pase único de The Gambler, da sección Novo Hollywood.