UMAD

O Concello dá conta das súas acción no eido do consumo de alcohol na vía pública nunha xornadas na Facultade de Psicoloxía

13/11/2014 A Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago organiza este venres, 14 de novembro, a xornada Consumo de alcol e prevención de drogodependencias en adolescentes. Novas claves e novos retos. No marco deste encontro, que se celebrará na Facultade de Psicoloxía entre as 10:00 e as 20:30 horas, o Concello dará conta das accións postas en marcha nesta materia na cidade.

Jorge Carballido, técnico de prevención e fomento de hábitos de vida saudable da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) dará conta das medidas tomadas polo Concello fronte ao fenómeno do botellón. Falará da experiencia municipal dende o ano 2007 ata a súa eliminación a día de hoxe, pasando polo Plan de Acción Local 2010-2011, punto de inflexión sobre esta forma de consumo de alcohol na vía pública.

O técnico municipal explicará o caso compostelán no marco dunha mesa redonda ás 16:30 horas, na que tamén se explicarán outras experiencias nesta materia das cidades da Coruña e Ferrol.

A asistencia á esta xornada, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 20:30 horas, é libre e gratuíta. Despois do acto inaugural, comezarán os relatorios, a cargo de especialistas de diferentes países e institucións que proporcionarán referencias do que se está facendo neste campo. Así, intervirá o xefe de servizo da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, Jesús Morán; a profesora da Universidade de Harvard e membro do Center for Adolescent Substance Abuse Research, Sion Kim Harris; a técnica do European Monitoring Center for Drugs and Drug Addiction , Blanca Iciar Indave; e o presidente de IREFREA-Portugal e coordinador nacional nese país do Programa de Prevencion escolar Tu decides e do EFE Project, Fernando Mendes.

Xa pola tarde tomarán a palabra os profesionais deste ámbito, que describirán o seu traballo, as dificultades que se atopan no exercicio e os resultados que obteñen. A partir das 16.30 intervirán en diversas mesas redondas representantes de unidades e servizos de asistencia en materia de drogodependencia espallados por toda a xeografía galega.

Documentos relacionados



Compartir: