CULTURA

Alfonso Zarauza presenta "Encallados" e "A viaxe dos Chévere" en Cineuropa

11/11/2014 A xornada do mércores 12 en Cineuropa ten como protagonista a Alfonso Zarauza, que presentara dous dos seus filmes: Encallados, ás 16:00 h no Teatro Principal, e A viaxe dos Chévere, ás 18:30 h no Salón Teatro. Ambos será presentados polo propio Zarauza e no dos Chévere estarán tamén os propios Chévere para comentar o filme.

Nesta xornada teremos tamén a posibilidade de ver por última vez o filme inaugural, Une nouvelle amie, de Ozon, e que ten neste momento un 6,38 na valoración do público; así como a primeira oportunidade de ver Vergiss mein ich (Lose my self), de Jan Schomburg. Haberá ademais proxeccións de La French, de Cédric Jimenez, e Marie Heurtin, de Jean-Pierre Améris. Complétase o día cos pases únicos de S.O.P.: Standard Operating Procedure, de Erol Morris, e When a stranger calls, de Fred Walton, que tamén se poderá ver no maratón.

A todo isto engádense catro filmes do ciclo Ao outro lado do Muro: o cine na RDA no Centro Galego de Arte Contemporánea e tres do ciclo Cando Tiburón devorou o cine: ascenso e caída do Novo Hollywood no Centro Cultural Afundación. Ademais, nas xornadas matinais que teremos en Afundación, este mércores poderemos ver Mélo dentro do tributo a Alain Resnais.

Direcciones relacionadas



Compartir: