IGUALDADE

Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación

06/11/2014 A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou no Salón de Graos de San Xerome no acto de entrega dos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.

Os proxectos gañadores nesta ocasión foron, na modalidade investigadora, As mulleres e a nova ruralidade: pertenza ao lugar, formación, empoderamento e innovación rural, que asinan Monserrat Villarino, Mireia Baylina, Mª Dolors García, Ana María Porto e Isabel Salamaña; e na de docencia, A introdución da perspectiva de xénero na Ciencia Política, de Marta Lois, Alba Alonso, Isabel Diz, Natalia Paleo, Amparo Novo, María de la Fuente, Emanuela Lombardo, Eva Martínez, Tània Verge, Elin Peterson, Silvia López, Raquel Platero, María Bustelo e Irene Rodríguez. As gañadoras recibiron o galardón, 1.000 euros por proxecto, de mans do reitor Juan Viaño.

Os segundos premios recaeron nunha experiencia de aplicación da perspectiva de xénero na docencia de Política Económica liderada pola profesora Nélida Lamelas e na investigación Fotografías: muller e inmigración de Manuela Palacios. Xa os terceiros foron a parar a Monserrat Pena, pola experiencia docente Escritoras de literatura infantil e xuvenil a través das TIC, e á investigación Assessment of a community rehabilitation programme in convicted male intimate-partner violent offenders, que asinan Mercedes Novo, Francisca Fariña, Dolores Seijo e Ramón Arce.

A esta quinta convocatoria dos galardóns, que responden ao II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC, presentáronse cinco proxectos docentes e 12 de investigación.

O acto estivo presidido polo reitor da USC, Juan Viaño, e contou coas intervencións da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e da coordinadora da Oficina de Igualdade da USC, Eva Aguayo.

Compartir: