CULTURA

Á venda as entradas para o festival Cineuropa dos días 9 ao 20 de novembro

05/11/2014 Este domingo 9 de novembro inaugúrase a 28ª edición de Cineuropa e a partir de deste mesmo xoves poderán mercarse xa entradas do festival. Ademais, tamén se poderán comprar os abonos de Cineuropa, que xa están dispoñibles no despacho de billetes dende este martes.

As entradas estarán á venda en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e no despacho de billetes do Teatro Principal. O horario do despacho de billetes será os días xoves 6, venres 7 e sábado 8 de novembro de 16:00 a 22:00 horas. A partir do domingo 9 (este día incluído) e durante todo o festival, o horario será de 15:30 a 22:00 horas para venda anticipada e ata 5 minutos antes de cada función para a venda inmediata.

A partir deste xoves 6 ás 16:00 horas estarán á venda tanto na web como no despacho de billetes as entradas para as proxeccións dos días 9 ao 20 de novembro. Nos próximos días estarán dispoñibles as entradas de todo o festival.

Invitacións
En canto ás entradas que son con invitación, a partir deste sábado día 8 ás 16:00 horas poderán retirarse as invitacións para os filmes dos días 9 ao 16, coa excepción da entrega de premios Cineuropa. Do mesmo xeito, nos vindeiros informarase sobre a dispoñibilidade das invitacións para o resto de días, así como para os premios Cineuropa.

Prezos
As entradas terán un prezo de 4 euros se se mercan soltas. Hai un abono para 10 películas a un prezo de 30 euros. O catálogo de Cineuropa ten un prezo de 2 euros e con cada abono vai un catálogo de agasallo.

Direcciones relacionadas



Compartir: