ALCALDÍA

Agustín Hernández recibiu a directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM

05/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu a Xunta Directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM (Sociedade Española de Investigación Ósea e do Metabolismo Mineral), que se celebra en Santiago do 5 ao 7 de novembro. O rexedor participará mañá xoves na inauguración oficial do evento, que reúne prestixiosos especialistas nacionais e internacionais.

O doutor galego José Ramón Caeiro Rey, do Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do CHUS preside o comité organizador deste Congreso, que pretende unha posta ao día dos avances científicos máis recentes e mellorar a práctica clínica e científica na investigación ósea e o metabolismo mineral.

O Congreso estrutúrase en dúas conferencias maxistrais, dúas mesas de actualización e varias mesas redondas sobre temas de actualidade deste ámbito. Como complemento, celebraranse tres simposios satélites da industria farmacéutica e tres bloques de comunicacións orais, así como o acto de entrega de becas da SEIOMM e premios aos mellores traballos científicos.

Compartir: