ALCALDÍA

A Policía Local de Santiago recibe unha placa de recoñecemento ao mérito colectivo da Academia Galega de Seguridade Pública

04/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de entrega dunha placa de mérito colectivo á Policía Local de Santiago. Ao acto, celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, asistiu tamén o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.

No acto entregouse por primeira vez na historia da Agasp unha placa de mérito colectivo, que recaeu no corpo de Policía Local de Santiago polo seu traballo e dedicación na traxedia de Angrois.

Durante a cerimonia, outra integrante da Policía Local de Santiago, Patricia Vieites, recolleu un trofeo logrado dentro do V Campionato de Tiro Autonómico Policial. Ademais, 18 axentes recibiron distintivos de permanencia con motivo da súa xubilación.

Compartir: