ECONOMÍA

A Concellería de Economía colabora co programa Factoría do Éxito

03/11/2014 A Concellería de Economía colabora coa empresa Ccamina nun innovador programa de desenvolvemento persoal e profesional que se desenvolverá este martes, 4 de novembro, na Cidade da Cultura.

A Factoría do Éxito combina formación en habilidades e actitudes de éxito, cun coaching executivo a nivel individual. Na xornada traballaranse habilidades e ferramentas necesarias para contribuír ao logro das metas establecidas polos propios participantes tanto nas súas vidas persoais coma profesionais.

O obxectivo concreto desta Factoría do éxito é que o asistente sexa capaz de xestionar os seus desafíos cun novo nivel de motivación e confianza; coñecerse mellor a un mesmo mellorando a capacidade de autoxestión e de relación coas demáis persoas e coñecer as claves dunha comunicación exitosa que permita conseguir obxectivos que impliquen interactuar cos demais.

Os participantes son directivos de importantes empresas como Castrosúa, Santos Cocina y Baño, Zara Home, Feiraco, Povisa, Bosch, Ascensores Enor, Vegalsa ou Biscuits Galicia, entre outras.

Factoría do Éxito está organizado pola empresa Ccamina e será impartido por Mariela Villar. Ccamina, galardoada co Premio á Excelencia Empresarial pola Revista Ejecutivos Galicia 2014, traballa para empresas, organismos e a título individual o desenvolvemento das persoas, a través da formación en habilidades e actitudes de éxito, o coaching profesional e a consultoría de RR.HH. Mariela Villar, a súa directora de Proxectos, é formadora en habilidades, coach de directivos e executivos é tamén a principal profesora do Programa de Experto en Coaching da Universidade de Santiago.

Compartir: