CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas citas para esta semana no programa Compostela Cine Classics 2014

03/11/2014 Continúa o programa Compostela Cine Classics 2014, do Departamento de Centros Socioculturais. Esta semana está previsto un classicobradoiro para adultos e unha nova proxección con coloquio.

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acollerá este mércores 5 de novembro, de 18:30 a 21:30 horas, o Classicobradoiro para adultos "Análise fílmica. Como ver cine clásico e non morrer no intento". A participación é gratuíta.

Tamén de balde é a asistencia ás proxeccións de cine con coloquio na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. Este venres 7 exhibirase o filme Viridiana, de Luis Buñuel. A proxección será presentada e comentada pola realizadora e actriz Sonia Méndez.

Por outra parte, aínda quedan prazas para participar os obradoiros preparados para este mes de novembro, destinados tanto a público infantil como adulto. As prazas dispoñibles e as datas poden consultarse nos centros socioculturais ou a través da dirección de correo electrónico compostelacineclassics@santiagodecompostela.gal.

Compartir: