CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile" no CSC do Castiñeiriño

16/10/2014 Un sábado máis, os centros socioculturais acollen sesión do programa Imos ao baile 2014, actividade para maiores promovida polos departamentos de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Desta vez a cita é no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, este sábado 18 de outubro, ás 17:30 horas.

O grupo Zeltia será o encargado de amenizar esta sesión de balde, con participación de balde ata esgotar o aforo do local.

Direcciones relacionadas



Compartir: