TURISMO

A concelleira de Turismo asistiu á apertura do Curso Superior de Sumiller Profesional

13/10/2014 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu na Cidade da Cultura ao acto de apertura do Curso Superior de Sumiller Profesional 2014-15, organizado polo Instituto Galego do Viño. O evento estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez,

O Curso Superior de Sumiller Profesional ofrece unha formación completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico. Ofrece un programa de especialización profesional non dispoñible previamente en Galicia.

Este curso aborda a xestión dos viños dende unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de marketing aplicadas ao viño.

Rafael Ansón, presidente da Real Academia de Gastronomía Española, presidente de honra da Academia Internacional de Gastronomía e presidente da Academia Iberoamericana de Gastronomía, impartiu o relatorio inaugural ante alumnos, autoridades e profesionais dos sectores do vino, da hostelería e do turismo de Galicia. No acto entregáronse os diplomas aos estudantes que superaron a primeira edición do Curso Superior de Sumiller.

Compartir: