DEPORTES

Quinta proba do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan na Cidade da Cultura

11/10/2014 Celebrouse a quinta proba do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, desta vez cun percorrido polos arredores da Cidade da Cultura. Como acontecerá coas anteriores, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, tampouco faltou a esta cita atlética.

Os participantes na categoría absoluta tiveron que dar dúas voltas a un circuíto circular de 2.650 metros, mentres que os infantís e cadetes fixeron únicamente una volta. Para os alevíns e benxamíns dispúxose un circuito algo máis pequeno de pouco máis dun quilómetro.

A edición 2014 do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan concluirá coa San Silvestre do 31 de decembro.

Compartir: