ALCALDÍA

O Concello reestablece o alumeado público na rúa Blanco Amor e na avenida de San Caetano

03/10/2014 Despois de que o Xulgado número 2 de Santiago autorizase esta mañá a intervención no cadro eléctrico que dá luz ás rúas Blanco Amor e avenida de San Caetano, a empresa concesionaria do mantemento eléctrico municipal procedeu a realizar os traballos necesarios para restablecer a iluminación nas rúas afectadas de forma inmediata.

Deste xeito, xa haberá luz a partir desta noite tanto nas dúas rúas mencionadas como no parque Pablo Iglesias, exceptuando algunhas farolas.

O alcalde de cidade, Agustín Hernández, agradeceu a paciencia e comprensión dos veciños da zona polas molestias ocasionadas polo apagón, ordenado polo xulgado número 2 o pasado 30 de setembro.

Compartir: