ALCALDÍA
A segunda acción afecta ao Camiño portugués, cuxa delimitación por parte da Xunta determinou un novo percorrido polo municipio que afecta á Rocha Vella e Conxo, de aí que, en palabras do alcalde, sexa necesaria a súa adecuación e sinalización. "A Concellería de Cultura e Patrimonio está tramitando o encargo dun proxecto que permita definir as necesidades desta ruta no sentido de facer practicable nas mellores condicións o Camiño, ao tempo que se realizará a súa sinalización", explicou.
Ademais, apuntou que "esta nova traza permite poñer máis en valor outro dos bens patrimonais máis singulares do noso Concello, o Castelo da Rocha, no que se está a traballar na súa recuperación".
Delimitacións e Plan Director dos Camiños
Seguindo co labor de posta en valor dos Camiños, o alcalde tamén aludiu aos traballos de delimitación que realizou á Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co fin de asentar a traza dos Camiños no termo municipal, o que nalgúns casos supuxo variacións nos perrcorridos.
Tamén agradeceu o traballo da Axencia de Turismo de Galicia, coa licitación do Plan Director dos Camiños de Santiago, que servirán de folla de ruta e marcará a pauta a seguir en todos os eidos: medioambiental, patrimonial, promocional... Lembrou Agustín Hernández que o Concello de Santiago terá un representante na comisión de seguimento deste Plan dada a importancia e incidencia do Camiño no noso termo municipal.
O alcalde considera "imprescindible" a colaboración nesta materia coa Axencia de Turismo, directamente ou a través do Xacobeo, porque "o Camiño é o buque insignia do turismo de Galicia; mesmo podemos dicir que é a marca máis potente que hoxe en día ten Galicia e a súa incidencia no noso Concello é fundamental. Non podemos esquecer que somos os receptores de todos los Camiños e a singularidade de cada un deles debe ser tratada e reflectida no noso planeamento".
O Concello encarga un proxecto de mellora do Camiño portugués no termo municipal
25/09/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, manifestou que o Concello vai encargar un proxecto de mellora do Camiño portugués no tramo comprendido dentro do termo municipal de Santiago. Así o anunciou durante a visita que realizou esta mañá, acompañado pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, a un tramo do Camiño Fisterra-Muxía no que a Axencia está realizando traballos mantemento e conservación.
Agustín Hernández referiuse ao "compromiso total" do Concello cos Camiños de Santiago, do que dan conta os traballos en marcha. Así, destacou o labor do Consorcio de Santiago, que está elaborando o Plan Especial do Camiño Francés, coa previsión de que estea rematado para 2015.A segunda acción afecta ao Camiño portugués, cuxa delimitación por parte da Xunta determinou un novo percorrido polo municipio que afecta á Rocha Vella e Conxo, de aí que, en palabras do alcalde, sexa necesaria a súa adecuación e sinalización. "A Concellería de Cultura e Patrimonio está tramitando o encargo dun proxecto que permita definir as necesidades desta ruta no sentido de facer practicable nas mellores condicións o Camiño, ao tempo que se realizará a súa sinalización", explicou.