CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas actividades no CSC das Fontiñas

07/04/2005 O Centro Sociocultural das Fontiñas organiza varias actividades para o trimestre que vai de abril a xuño dirixidas a nenos e adultos.

O Centro Sociocultural das Fontiñas organiza desde abril ata xuño varias actividades de lecer.

Os adultos que queiran manterse en forma poden escoller entre ximnasia de mantemento, ioga, masaxes e bailes de salón. Para quen prefira as actividades manuais, ofértase un curso de gravado, manualidades e pintura ao óleo. Tamén hai cursos de informática para adultos e para os membros do Club de Maiores.

Por outra banda, o CSC das Fontiñas organiza actividades específicas para nenos, como teatro, danza, xadrez, informática, iniciación ao debuxo e á pintura, pintura ao óleo e actividades musicais.

Compartir: