ALCALDÍA

Os máis pequenos tamén viviron a súa etapa ciclista na Volta Junior

14/09/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, participou ao longo da xornada en diversos actos relacionados coa última etapa da Volta Ciclista a España e coa programación paralela organizada arredor da mesma. Así, antes da proba dos profesionais, o alcalde cortou a cinta de saída da Volta Junior. Logo, a concelleira de Deportes, María José Corral, entregou as medallas no Obradoiro.

Nesta Volta Junior participaron nenos de 8 a 12 anos, que partiron da avenida Xoán XXIII para rematar na mesma liña de meta do Obradoiro que cruzarían pouco despois os profesionais.

Compartir: