CURTOCIRCUÍTO

"Quérote mal", a curta rodada na pasada edición de CurtoCircuíto, recolle novo premio

21/08/2006 Son xa 21 os Premios recollidos polo equipo da curtametraxe "Quérote mal", cuxo guión –de Mirela Giró- foi o gañador da pasada edición de CurtoCircuíto. O filme foi rodado en Santiago de Compostela, como este ano aconteceu con "Bechos Raros". Nesta ocasión, "Quérote mal" recibiu o galardón na V edición de "El Pecado 2006" que se celebrou no concello de Llerena, en Badajoz.

O filme levou o premio á mellor curtametraxe de ficción, e está a piques de recoller tres novos premios máis. Segue así a racha de galardóns que está tendo tanto no estado español como noutros países e continentes: está seleccionada tamén no Festival "Shorts Shorts México", e no "Woodstock International Film Festival" de Nova York.

"Quérote mal" foi seleccionada en 26 festivais de curtas de distintas partes do Estado e do mundo, o que acredita ao CurtoCircuíto como plataforma de lanzamento para os novos creadores do audiovisual. A edición de 2006 do festival continúa a celebrarse na capital galega e este ano acadou unha resposta considerablemente maior, tanto nos traballos audiovisuais presentados como no acollemento e participación do público no que está sendo CurtoCircuíto na Rúa.

Compartir: