CULTURA

"Atlas de geografía humana", de Almudena Grandes, dentro do ciclo Teatro & Danza

12/09/2014 O Centro Dramático Nacional e A priori Producciones traen ao Teatro Principal Atlas de geografía humana, de Almudena Grandes, obra teatral protagonizada por Ana Labordeta, Ana Otero, Arantxa Aranguren e Rosa Savoini. Dentro do ciclo Teatro & Danza e dirixida por Juanfra Rodríguez, poderemos vela o domingo 14, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas están xa á venta a un prezo de 18 euros (16 € no anfiteatro) no despacho de billetes do propio Principal, aberto de 18.00 a 21.00h, e en ABANCA (web e teléfono).

Di a autora, Almudena Grandes, que "Atlas de geografía humana é esa novela, a miña última mirada aos conflitos de identidade da miña xeración, aquela explosión que parecía tan extraordinaria e se esgotou no fume duns cantos petardos"

Ana, Rosa, Marisa e Fran son catro compañeiras dun gran grupo editorial que traballa na confección dun atlas de xeografía en fascículos. Segundo van deseñando este atlas, o lector coñecerá a historia, a xeografía, de cada unha das protagonistas; as súas biografías marcadas pola soidade, as inhibicións, os sonos truncados e decepcións, as paixóns e amores inconfesados, as conquistas...

Unha adaptación de Luis García – Araus dirixida por Juanfra Rodríguez do Centro Dramático Nacional e A Priori Producciones.

Compartir: