EDUCACIÓN

Normalidade no inicio do curso escolar

10/09/2014 A concelleira de Educación, María José Corral, visitou o CEIP Raíña Fabiola con motivo do inicio do curso escolar. A continuación pasou tamén polo CEIP Pío XII.

María José Corral apuntou durante a visita que o inicio do curso escolar 2014-2015 se está a desenvolver "con total normalidade". Agarda que siga así nos vindeiros días, no que se irán incorporando paulatinamente todos os alumnos e alumnas dos diferentes niveis educativos.

Indicou que, unha vez rematado o plan de obras de verán nos colexios, "xa se están atendendo novas demandas formuladas polos directores ao comezo do curso". "A idea é atender as demandas que vaian xurdindo coa maior rapidez, e así non ter que esperar ao verán para realizalas", dixo.

Tamén aproveitou para lembrar o inicio do servizo de comedores e madrugadores, do que se veñen de publicar as listas de admitidos. Ademais, están en proceso de aprobación as bolsas de comedor, ás que se destinan 90.000 euros.

Compartir: