ALCALDÍA

O alcalde deu a benvida a Santiago de Compostela aos participantes no XXXVIII Congreso Europeo de Tiroides

06/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na Cidade da Cultura na recepción de benvida aos participantes na XXXVIII edición do Congreso Europeo de Tiroides, que se celebra na cidade do 6 ao 10 de setembro.

Agustín Hernández deu a benvida os participantes neste Congreso e desexoulles unha estancia satisfactoria en Compostela. Agradeceu á organización a elección da cidade como sede, consciente de que eventos como este afianzan Santiago como cidade de congresos, co conseguinte impacto económico.

Este Congreso reunirá no Palacio de Congresos e Exposicións a máis de 1.200 especialistas de 60 países. Debatirán sobre os últimos avances na loita contra as enfermidades relacionadas coa glándula tiroides.

Partido da S.D. Compostela
Logo deste acto, o alcalde dirixiuse ao Estadio de San Lázaro, onde presenciou o partido entre a S.D Compostela e o Guijuelo.

Compartir: