ALCALDÍA

O alcalde asistiu á sinatura do convenio entre Fomento e Xunta que pon en marcha en Galicia o Plan estatal de vivenda

05/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de sinatura do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan Estatal de Fomento do Aluguer de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2013-2016 por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor.

Este Plan Estatal ten como obxectivos, entre outros, facilitar o acceso á vivenda aos sectores de poboación con menos recursos; e apoiar o aluguer como vía idónea para o acceso á vivenda, especialmente para os que dispoñen de menores niveis de renda.

Ademais, fomenta a rehabilitación de edificios e a rexeneración e renovación urbanas para mellorar a calidade da vivenda e contribúe a mellorar a eficiencia enerxética dos nosos edificios e das cidades, o que redundará nunha maior calidade de vida, aforros enerxéticos, unha economía de baixo consumo e o cumprimento da Estratexia Europea 2020.

A través deste convenio, transferiranse dende o orzamento do Ministerio de Fomento á Comunidade Autónoma 35 millóns de euros polas subvencións previstas no Plan, ao que hai que sumar as cantidades destinadas ás subsidios de préstamos de vivenda a residentes nesta Comunidade e outras subvencións correspondentes ao período de transición entre os plans anteriores e o novo.

Compartir: