CULTURA

O espectáculo de Tom nunha nova xornada de "Feitoamán"

19/08/2006 O festival "Feitoamán" ten preparada unha actuación especial para o domingo 20 de agosto. Trátase do espectáculo do cantautor Tom Trovador, titulado "Tom Showman". A cita é ás 20:30 horas na Praza de Feixoo.

Os concertos de Tom son totalmente improvisado. No escenario desenvolve un talento natural para conectar con calquera tipo de público e consegue que este se implique no espectáculo case dende o primeiro acorde. Nas súas composicións recolle influencias musicais moi diversas, cunhas letras cheas de vitalismo nas que conta divertidos episodios da súa existencia.

Documentos relacionados



Compartir: