ALCALDÍA

Acto académico de inauguración do curso universitario 2014-2015

05/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Educación, María José Corral, asistiron no Salón Nobre de Fonseca ao acto académico de inauguración do curso universitario 2014-2015.

O reitor da USC, Juan Viaño, presidiu o acto, no que a secretaria xeral, Consuelo Ferreiro, deu lectura á memoria do curso 2013-2014. A lección maxistral coa que comezou este novo período académico correspondeulle ao catedrático de Química Física José Vázquez Tato e versou sobre Biomimetismo molecular.

Este acto protocolario foi o escenario no que tamén se entregou a Insignia Fonseca, distinción que se lle entrega a aquelas persoas que levan máis de 30 anos prestando os seus servizos na institución universitaria en dedicación exclusiva ou por tempo equivalente. Nesta volta, recibiron o recoñecemento un total de 11 integrantes do cadro do Persoal de Administración e Servizos e 31 do Persoal Docente e Investigador. No seu nome, tomaron a palabra Juan Lema Rodicio, en representación do profesorado, e Estrella Fernández Silva representando ao PAS. A intervención do reitor Juan Viaño puxo o peche desta sesión protocolaria.

Compartir: