CULTURA

Dúas novas demostracións circenses no Festival d’Gorra

19/08/2006 A xornada do domingo trae dous novos espectáculos ao Festival d’Gorra. Malabaranda e Pisando Ovos debutan na presente edición, que tamén traerá novos pases de Shampoo e do Cabaré de PistaCatro.

A primeira exhibición do día corresponderá a Malabaranda, ás 17:30 horas na Quintana. De novo en Santiago unha compañía de referencia do Novo Circo galego. Pablo, Manu e Kote volven a reunirse para facer gozar ao público cos seus malabares e o seu humor.

Ás 18:30 horas, en Praterías, turno para un novo pase de Shampoo, coa súa mestura de circo, humor, música, pallasadas, puntería imposible, dominio do lume e, máis difícil aínda, antipodismo (malabares cos pés).

Media hora despois, outro debut no Festival d’Gorra, o de Pisando Ovos, cun espectáculo titulado "No intre 1800" e baseado na danza contemporánea. Pechará a xornada en Praterías o cabaré da compañía PistaCatro. Varios espectáculos con membros desta compañía ben coñecidos polos/as composteláns/compostelás, como Cou, Pajarito ou Pámpano.

Documentos relacionados



Compartir: