ALCALDÍA

Agustín Hernández reuniuse coas asociacións veciñais de Lavacolla e de Guadalupe

03/09/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse no Pazo de Raxoi cos representantes das asociacións veciñais Ruta Xacobea, de Lavacolla, e A Ponderosa, de Guadalupe.

Agustín Hernández segue coa súa rolda de contactos coas asociacións veciñais dos barrios e parroquias de Santiago, para coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas. Nos encontros tamén participaron os concelleiros José María Rosende e Luis Meijide.

Compartir: