CULTURA

Chega a Compostela a mellor música electrónica do momento

18/08/2006 Electro Sonx chega a Compostela cos mellores ritmos electrónicos. O sábado 19 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza da Música (ao carón do Auditorio) acollerá a actuación de DJ Maral Salmassi, Wagon Cooking, Alcohol Jazz, DJ Telephunken, DJ Grobas, DJ Darkrow e o Colectivo Oruga. Unha posibilidade para que todos e todas poidan gozar con algúns dos artistas que trunfan nos certames máis prestixiosos e actuais. A entrada é libre.

O evento é unha oportunidade para escoitar a algúns artistas consolidados e, ao mesmo temo, darlle a oportunidade a novos talentos galegos deste xénero musical. Electro Sonx permitirá gozar dos sons máis modernos chegados de fóra e será un escaparate da música galega máis vangardista.

A música electrónica conquistou a gran cantidade de público nos anos 90. Pouco a pouco, dende diversos países fóronse incorporando novos elementos, dando lugar a finais desa década a infinidade de xéneros derivados de sons tribais e percusións. Hoxe, a música electrónica está consolidada e conta con millóns de seguidores destes artistas que utilizan as máquinas e os ordenadores para xerar ritmos.

Compartir: