ALCALDÍA

Agustín Hernandez reuniuse coas asociacións de veciños de Meixonfrío e da Gracia

25/08/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, continúa a rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais. Desta vez foron a Asociación de Veciños da Gracia e a Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío, as que pasaron polo Pazo de Raxoi.

Os representantes veciñais déronlle conta ao alcalde das súas principais demandas para os seus barrios. Tomaron nota delas Agustín Hernández e o concelleiro de Relacións e Medio Rural, José María Rosende. No encontro cos veciños da Gracia participou tamén o edil de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.

Compartir: